20/11/17

Treydes comigo a lo mar de Vigo

O pasado venres 17 visitamos co alumnado de 3 ESO e 1º de bacharelato o Museo do Mar de Vigo para contemplar a xoia, por excelencia, da lírica profana galegoportuguesa: o pergamiño Vindel. Este manuscrito de finais do século XIII foi cedido temporalmente á Universidade de Vigo pola Morgan Library de New York, que o custodia desde 1977, tras un longo periplo por bibliotecas privadas, iniciado a comezos do XIX na libraría de Pedro Vindel. Contén sete cantigas de amigo, atribuídas ao trobador Martin Codax, seis delas con notación musical, feito case inédito no noso corpus literario medieval, a excepción do pergamiño Sharrer, con sete cantigas de amor do rei portugués Don Dinis. O mesmo día tamén visitamos o Instituto Camões, institución difusora da lingua e cultura portuguesas, e o centro arqueolóxico Salinae, coa única saliña mariña de evaporación solar conservada de todo o Imperio Romano.

8/10/17

Concursos polo Día das Bibliotecas Escolares

O día 24 de outubro celébrase en todo o mundo o Día das Bibliotecas: vén a celebralo connosco!

1 Envíanos unha foto da túa biblioteca a btomino@gmail.com. Trátase de facer unha foto do recuncho da túa casa onde tes os teus libros, non fai falla que sexan moitos: dous libros xa son unha biblioteca! Non esquezas pór no título da mensaxe "concurso 24 outubro" e no texto da mensaxe poñer o teu nome, apelidos e curso-grupo (se es profe ou persoal laboral do centro, pon o teu departamento ou posto de traballo) 
 
2 Grávate nun pequeno video (non hai mínimo de duración) dicindo cal é o teu libro favorito e explicando por que ou se o prefires lendo un fragmento. Tráeo nun pendrive para copialo na biblioteca ou, se pesa pouco, podes envialo por correo á mesma dirección, btomino@gmail.com, como se indicou no punto anterior.

Corre, que o prazo remata o día 23 de outubro ás 14:30 e todos os participantes de ambas modalidades recibirán un agasallo!

4/10/17

Homenaxe a Antón Alonso Ríos


O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome.
Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República.
Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión.
Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista.
De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos innovadores no ámbito do ensino e a actividade desenvolvida nesa escola, baseados no aprendizaxe a través da experiencia, do aprender facendo, e da posta en marcha de métodos de ensino traidos doutros lugares do mundo fixeron que a reputación da Aurora do Provenir e do seu traballo traspasara fronteiras e foran ben coñecidos en boa parte de Galicia e outros lugares de Europa, convertindoa nunha encola de vanguarda no ensino rural.
A actividade política de Antón Alonso Ríos destaca polo seu tesón no impulso dun modelo de desenvolvemento e transformación do rural a través do ensino orientado ao agro. O seu discurso político do impulso da igualdade social nun rural próspero levouno a formar parte das Cortes de 1936 como diputado.
O Golpe militar e o conflicto bélico fixeron que a súa vida e a da súa familia estivera comprometida. Durante máis de dous anos sobreviviu percorrendo a xeografía galega facendose pasar polo esmoleiro portugués Sr. Afranio, até que foi quen de chegar a Portugal e de ahí de volta á Bos Aires, onde chegou como exiliado político. Faleceu en 1980 sendo o máximo representante do Consello de Galicia.
Na actualidade a súa obra literaria sobre educación e política é estudiada por historiadores e profesionais da educación. Os seus antigos alumnos de Tomiño, de moi avanzada idade, aínda lle lembran como o gran mestre que foi.
Tomiño rinde merecido tributo ao seu gran mestre, a partires do martes 3 de outubro. A Alcaldesa de Tomiño destaca estas xornadas como imprescindibles e fundamenta a aposta do goberno local nesta inciativa no convencemento de que o futuro exitoso dun pobo pasa irremediablemente polo coñecemento e lembranza da súa historia.
A programación das Xornadas Antón Alonso Ríos pode consultarse na web e redes sociais municipais.


PROGRAMACIÓN:
Martes 3 de outubro, ás 11.30h
Inauguración das Xornadas, coa participación dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos
– Mércores 4 de outubro, ás 19:00h
Relatorio “Antón Alonso Ríos, O percurso dun activista entre dous mundos” a cargo de Xosé Manoel Núñez Seixas
– Xoves 5 de outubro, ás 19:00h
Relatorio “Antón Alonso Ríos: Ensino, Política e Conciencia cidadá” a cargo de Xosé Manuel Malleiro Gutiérrez
– Venres 6 de outubro, ás 19:00h
Proxección do documentario “Siños Afranio”
Mesa Redonda coa participación de:
– Victor Aparicio “Coyote”, Director do documentario
– Diego Clemenz: neto de Antón Alonso Ríos
– Mario Rodríguez Gómez: amigo da familia
– Xulio Carballo: sobriño neto de Antón Alonso Ríos
Exposición durante todas as xornadas “Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país”

Máis información e inscricións en tomino.gal. Aforo limitado 100 persoas.

30/6/17

Calendario escolar 2017-18

Imos tomar unhas merecidas vacacións e mentres aquí vos deixamos un avance do que será o vindeiro curso. Vémonos en setembro!


O 15 de setembro, venres, comezarán as clases para os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional.
O final do curso será o xoves 21 de xuño de 2018 (menos os alumnos de segundo de bacharelato, que sempre acaban antes para someterse ás probas de acceso á universidade).
En decembro de 2017 gozaremos da Ponte desde o día 6 ao 10.
As vacacións de Nadal comprenden do 22 de decembro a o 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.
Esta vez o 6 de xaneiro coincide en sábado así que volveremos a clase o luns 8 de xaneiro.
As vacacións do Entroido abranguen do luns 12 de febreiro ao mércores 14 incluídos. Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril.
Este é o calendario escolar é para a Comunidade Autónoma de Galicia polo que non inclúe os festivos municipais, que cambian dependendo o concello.



Se queres o calendario pincha sobre el para gardar ou imprimir e así poderás telo sempre a man (para conseguir o tamaño máis grande dálle ao botón dereito/abrir nunha lapela nova)



23/5/17

Letras galegas 2017


Este ano, no Día das letras galegas, homenaxéase a Carlos Casares.

Carlos Casares naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, e morreu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Iniciouse nos estudos eclesiásticos aos once anos, tras ingresar no seminario Ourensán, onde viviu un ambiente represivo e con prohibición expresa de utilizar a lingua galega.
 
Cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, que finalizará no 1967-68, na especialidade de Filoloxía Románica. Durante estes anos entrou en contacto coa cultura galeguista e co movemento antifranquista estudantil. E, tras finalizar os seus estudos, entre outras ocupacións exerceu a docencia nalgúns centros, onde tivo problemas coa directiva e mesmo acabou expulsado polo seu aberto antifranquismo, ademais de participar en distintas iniciativas de impulso cultural.


Casares, á súa vez, tivo un importante papel como figura pública. De feito, foi un dos asinantes do manifesto Realidade Galega, para lograr un Estatuto Galego, o que situou ao autor en primeira liña política, desembocando a súa participación nas listas do PSdeG-PSOE e membro do primeiro Parlamento de Galicia, no ano 1981. Entre os fitos da súa acción política, destaca a redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística en 1983 ou a lei de creación do Consello da Cultura Galega.

Nun segundo plano, Casares centrouse no seu papel de dinamizador cultural, como director de Galaxia e de Revístaa Graal e mesmo presidindo o Consello da Cultura Galega, nos últimos anos da súa vida. Como narrador, o legado de Casares inclúe obras icónicas como Vento Ferido, cunha importante repercusión entre o movemento estudantil ou Xoguetes para un tempo prohibido, cun perfil marcadamente autobiográfico. Destacou, á súa vez, como precursor da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, froito do seu interese por achegar o idioma aos máis novos, con textos como A galiña azul, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas e mesmo a tradución da obra de Antoine de Saint-Exupéry, O principiño.