Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

Nova radio en galego

Saudamos con alegría a Anfiteatrogzradio, un proxecto de radio online en Galego, que fomenta os grupos musicais galegos, a literatura do noso País, os blogs do blogomillo... e todo canto teña cabida no mundo da cultura. Anfiteatrogzradio Podes colaborar enviando temas musicais se tes unha banda, ou enviando os teus propios podcasts, ou simplemente sintonizando esta radio xa que precisan 130 horas de audiencia diaria para manter viva a iniciativa. Nós engadimos o enlace aos nosos favoritos!

Tomiño pronto terá a súa biblioteca

Tomiño pronto terá a súa biblioteca municipal! Será nun lugar céntrico e accesíbel para os potenciais usuarios, ao lado do mercado, na antiga casa do médico, que será rehabilitada coa axuda do ministerio de Fomento, grazas a un convenio que a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asinará proximamente. Celebramos esta noticia, que podes ampliar aquí .

Tomiñés ilustre

A proposta de todos os grupos e, por unanimidade, a corporación de Tomiño decidiu nomear fillo predilecto do concello a Xosé Luís Franco Grande. Nado na parroquia de Tebra, no concello de Tomiño, no ano 1936, Franco Grande, que estudou Dereito na Universidade de Santiago e exerceu a avogacía como asesor xurídico da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, é unha figura destacada do galeguismo, escritor e membro da RAG. É polas súas importantes achegas á cultura galega e pola súa traxectoria intelectual que se lle nomea fillo predilecto. Foi autor no ano 1968 do Dicionario galego-castelán de Galaxia, libro que serviu de guía ás primeiras xeracións de estudantes de galego. Tamén afondou na poesía, no teatro e no ensaio, chegando a gañar o Premio Eduardo Pondal. A corporación tomiñesa celebrará proximamente un acto para formalizar o nomeamento.

O polémico retorno de Guillermo de Baskerville

      O escritor italiano Umberto Eco volveu a escribir a novela que lle deu fama, El nombre de la rosa , para facela máis accesible ás novas xeracións. O obxectivo é que os que só coñecen a obra por fragmentos lidos en internet poidan lela completa sen dificultade.       A novela publicouse por primeira vez en 1980, é un auténtico éxito de vendas traducido a máis de 47 linguas e moitos a consideran un dos cen títulos fundamentais do século XX.       En  El nombre de la rosa  dous monxes, o franciscano Guillermo de Baskerville (personaxe baseado no filósofo Guillermo de Occam e no detective literario Sherlock Holmes) e o seu pupilo, Adso de Melk, investigan unha serie de asasinatos nun mosteiro benedictino, todos eles relacionados cun libro prohibido. En 1986, o cineasta francés Jean-Jacques Annaud rodou unha adaptación cinematográfica, con Sean Connery no papel de Baskerville e Christian Slater como Adso de Melk.       O próximo 5 de outubro sae á venda a nova versión, adaptada pol

Contos estraños

A nosa iniciativa favorita deste mes é a que nos chega da man de Contos Estraños e consiste na procura de novos escritores e ilustradores para comezar con este proxecto editorial. Aceptan toda clase de orixinais relacionados co mundo do estraño, o fantástico e o grotesco. Nos textos, os formatos preferidos son o conto e a novela curta (estas últimas publicaranse por entregas). Os textos deben ir escritos en galego, ou, no caso de estaren escritos noutra lingua e interesen para a súa publicación, a súa tradución correrá por conta do autor. Xunto co orixinal debe entregarse unha breve sinopse e unha pequena reseña biográfica. A recepción de orixinais farase no correo electrónico contosestranhos@gmail.com , pero podes ampliar esta información e seguir a evolución desta iniciativa desde a páxina  Contos estraños que queda agregada aos nosos favoritos.

Eu tamén leo... Los hijos de la Tierra

Agora que regresamos despois dos meses de verán, nos que tivemos tempo de ler á nosa vontade, os profesores e profesoras do centro coméntannos as súas lecturas vacacionais. Hoxe Carlos Villanueva, profesor de Bioloxía , fálanos da serie LOS HIJOS DE LA TIERRA, de JEAN M. AUEL :        Moitos fomos os que sucumbimos nos anos oitenta ao atractivo da historia da nena Cromagnon criada por Neanderthais. Tratábase dunha novela sen gran valor literario, pero moi dinámica, escrita con corrección e, sobre todo, que trataba un tema de gran atractivo para calquera estudante de Bioloxía, a saber, a posible convivencia entre as dúas variedades de homes que ocuparon Europa e Asia Menor durante os últimos períodos glaciais. A autora facía gala dun exhaustivo labor de documentación, e na obra non faltaban referencias aos achádegos arqueolóxicos e estudos sobre a industria lítica máis importantes e avanzados do momento.        Trinta anos despois, J. M. AUEL dá por rematada a saga, que queda composta

A literatura sen libros

Dúas perspectivas conviven hoxe no universo literario: a tradicional e a dixital. Vivimos un periodo de transición cara a un mundo onde o importante non é coñecer un dato senón saber onde facer click para atopalo. Soportes electrónicos de lectura, librarías e bibliotecas virtuais, autores cos que debater online, narrativa hipertextual, comunidades culturais en internet, acceso ilimitado a case todo tipo de obras, posibilidade de converterte en creador, en instrumento do saber, da arte ou do entretemento... Todos estes avances non ameazan á literatura, nin sequera ao libro, como tampouco no seu momento a chegada do cine, a TV e a internet significaron, como algúns profetizaban, o final da ficción literaria; pola contra, os autores aprenderon a convivir con estes medios, mesmo adoptaron nas súas obras procedementos do cine, e a relación entre cine e literatura foi e segue a ser fructífera. Internet propicia un contacto dos autores co seu público cheo de vantaxes para ambas partes. U

A Biblioteca Dixital Mundial da UNESCO

Ter á man os tesouros das principais bibliotecas nacionais do mundo! Poder acceder gratis e sen límite de tempo a ese exemplar lexendario, único, que cada quen algunha vez soñou con coñecer... WDL.org é un proxecto creado pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO que pretende facer realidade este soño. A información está organizada por Lugares (Asia, América, Africa, Europa, Antártida e Oceanía), Tempo (de 8000 A.C. á actualidade), Temática (Filosofía, Psicoloxía, Relixión, Ciencias Sociais, Linguas, Ciencias Naturais e Matemáticas, Tecnoloxía, Arte, Literatura, Historia e Xeografía), Tipo de artigo (libros, manuscritos, diarios, mapas, películas, gravados, fotografías, gravacións sonoras) ou Institución (de que Biblioteca procede). A biblioteca comeza cuns 1200 documentos, pero está pensada para recibir un número ilimitado. Non serán documentos correntes, senón con valor de patrimonio, que permitan aprezar e coñecer mellor as culturas do mundo en idiomas diferentes.

Eclipse de Lúa o mércores día 15 de xuño

O próximo mércores 15 de xuño  poderemos observar unha Eclipse Total de Lúa. Comeza cedo, así que cando saia a  Lúa xa aparecerá no horizonte parcialmente eclipsada, pero vale a pena estar pendentes dela pola fermosa cor avermellada que ofrecerá. A eclipse continuará aumentando ata o punto máximo que se producirá ás 20:13 U.T (no noso reloxo, GMT+2, ou sexa: ás 22:13) Esperemos que estea despexado!

Celebrouse a Xornada de Portas Abertas

Celebrouse onte sábado a XPA do IES de Tomiño, e ofrecémosvos algunhas imaxes dela: Ofrecéronse visitas guiadas polas instalacións do centro para ver aulas temáticas, exposicións de materiais elaborados polo alumnado e profesorado, houbo competicións deportivas, actuacións musicais etc

Este sábado 4 de xuño, Xornada de Portas Abertas

PROGRAMA DE ACTIVIDADES - 11:00 h Semifinais da Liga de Fútbol-Sala Mixto. No Pavillón - 12:00 h - APERTURA do Instituto -  EXPOSICIÓNS dos departamentos didácticos - VISITAS GUIADAS POLO INSTITUTO - OBRADOIROS - Exhibición de Bolos Celtas na cancha de Baloncesto - Partido amistoso de Fútbol-Sala entre os equipos do IES de Coruxo e o IES de Tomiño. No Pavillón. - Partida de brilé con participación de todos os visitantes que o desexen. - Finais Ping Pong. No Ximnasio. - Presentación das empanadas para o concurso. Na cafetería. - 13:00 h:  - Figuras de ACROSPORT . Alumnado de 1º de Bacharelato. No ximnasio. - Final da Liga de Fútbol-Sala Mixto. No Pavillón. -14:00 h - COMIDA. Haberá postos de venta de churrasco e empanada a cargo do alumnado de 4º de ESO. -16:30 h REINICIO DAS ACTIVIDADES -  EXPOSICIÓNS dos departamentos didácticos - VISITAS GUIADAS POLO INSTITUTO - OBRADOIROS - Campionato de Badminton. No Pavillón - Actuación do Grupo de Baile Tradicional Virxe

Maio de 2011

No andel de Novidades da nosa Biblioteca este mes non poden faltar dous textos dos que todo o mundo fala.   Indignaos! Reacciona. 10 razones por las que debes actuar frente a la crisis económica, política y social

Gústache escribir?

Algunha vez pensaches en dedicarte en serio á literatura? Tes obra escrita que che gustaría publicar? Desde o noso portal favorito, Redelibros, xorde unha iniciativa para dar a coñecer novos autores que che pode interesar. Infórmate aquí

Internet e solidariedade

Nace a primeira rede social solidaria: facecoop.org é unha nova rede social, especializada en solidariedade, cooperación e participación para o cambio social. O seu obxectivo é pór en contacto persoas, institucións, organizacións, empresas, etc, interesadas ou que traballan en temas como a igualdade de xénero ou a loita contra a pobreza. Sobre a base dese interese compartido, facecoop.org facilita compartir inquedanzas, experiencias, coñecementos e traballo. Igual que noutras redes, pódense subir documentos, imaxes, audios, vídeos, noticias ou crear eventos. No día de Internet cómpre lembrar que é esta unha ferramenta para o cambio social ao alcance de todos e todas. Desde aquí saudamos con esperanza esta iniciativa e engadimos o enlace á nosa listaxe de favoritos. Visitar facecoop  

Resultados do Concurso LeFoto

Gañaron o Concurso LeFoto categoría A: Fabiana Villarroel Rodríguez, 1ºESO-A categoría B: Fátima Martínez Pereira, 2ºbac-A categoría C: Carmen Villanueva, profesora de Física (fotografía á esquerda) A entrega de Premios será o sábado 4 de xuño, durante a Xornada de Portas Abertas . Proximamente concretaremos a que hora exactamente; no caso de non poderen vir recoller o Premio ese día, póñanse en contacto coa coordinadora da Biblioteca, Puri Ameixide.

Maio das Letras

O vindeiro martes 3 de maio o noso alumnado de 1º ESO participará no Correlingua 2011, que este ano será en Salceda. páxina do Correlingua Por outra parte no noso centro celebraremos a Festa das Letras o venres 20 de maio, con actividades de diverso tipo, Milladoiro das Palabras, etc. Este ano o Día das Letras adícase a Lois Pereiro , que naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza . De regreso ao país, Pereiro figurou nas anto

A lectura e o goce da pertenza

Por que a lectura é un antídoto poderoso contra a soedade? Cando lemos, psicoloxicamente pasamos a formar parte da comunidade que se describe no relato. Este mecanismo satisfai unha necesidade profundamente humana e evolutivamente importante: a necesidade de pertenza. Un estudo realizado na Universidade de Buffalo comprobou como se produce este fenómeno. Os investigadores avaliaron aos participantes, 140 estudantes, en función da súa identificación con determinados grupos e o grao de satisfacción que obtiñan da súa pertenza a estes grupos. Despois, a unha parte destes estudantes fixéronlles ler unha pasaxe da novela "Crepúsculo" na que Edward describe as súas sensacións como vampiro e o seu interese romántico por Bela; outros leron unha pasaxe de "Harry Potter e a pedra filosofal", onde Harry está en clase de "Pocións" co profesor Severus Snape. Os participantes tiveron 30 minutos para ler a pasaxe, e indicóuselles que lesen só por pracer. A continuación

Día de Rosalía

O xoves 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza unha lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país. Estes actos están abertos a todo o público que queira asistir, enviando previamente un correo electrónico á oficina at aelg.org para confirmar que poema vai ler cada asistente, e evitar así eventuais repeticións. - Santiago de Compostela: Panteón de Galegos/as Ilustres, San Domingos de Bonaval, 19:00 horas. - A Coruña: Kiosko Alfonso, 19:00 horas. - Vigo: Casa Galega da Cultura, 20:00 horas. - Lugo: Museo provincial, 19:30 horas. - Betanzos: Salón azul do Edificio do Liceo, 20:00 horas. Colabora a A. C. Eira Vella. - Ferrol: Galería Sargadelos, 19:00 horas. - Ourense. Libraría Torga, 18.00 horas (en colaboración con Gremio LiterAuria). - Pontevedra. Libraría Michelena, 20:00 horas. Podedes ampliar esta información aquí

Centenario de Álvaro Cunqueiro

No 2011 temos unha cita co universo literario e biográfico de Álvaro Cunqueiro: celébrase o centenario do nacemento do escritor.   Recursos e información sobre esta conmemoración AQUÍ A biblioteca pon á túa disposición a obra de Cunqueiro así como estudos sobre o escritor e os seus mundos literarios, e tamén a Fotobiografía Sonora  editada por Ouvirmos que contén numerosos textos, fotografías e dous CD, un traballo fermosísimo da profesora Rexina Vega.

No 2011 será noticia

2011 vai ser o Ano Internacional da Química, tal como decidiron a UNESCO e a IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada). O lema será: “A química, a nosa vida, o noso futuro”. A química mellorou a nosa calidade de vida desde tempos inmemoriais e en todos os ámbitos da nosa vida: alimentación, potabilización da auga,  recipientes, medicamentos, industria téxtil,  novas tecnoloxías, produtos de limpeza, etc... O 27 de xaneiro será a cerimonia inaugural en París e a partir dese momento comezarán as actividades conmemorativas que se repartirán ao longo do ano en moitos lugares do mundo: conferencias, concursos, exposicións... Hai moitísimas actividades. A listaxe completa atópase na páxina web do Foro Química e Sociedade . O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie . Marie Curie foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en dous campos diferentes e a primeira muller en ser profesora na Universidade de París. Por coincidir co an