Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Por un 2019 cheo de animación á lectura!

O Equipo de Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos deséxavos Bo Nadal con este vídeo-resumo dunha actividade do centro.  Por un 2019 cheo de animación á lectura! 

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa

Xuntanza poslectura - 1ª aval. - Club de Lectura de ESO

Outro luns máis, volvemos xuntarnos os integrantes do club da ESO. Desta volta, tocaba quedada poslectura. Despois de xantarmos xuntos, agardábanos unha sobremesa novidosa: un escape room deses que están de moda agora. En si, éche coma un xogo de pistas pero hai que ir contrarreloxo para atopar unha chave que te libere do espazo en que te encerraron. Nós quedamos pechados na biblioteca do noso centro. Estas son algunhas das obras que se mencionaban nos libros que lemos e que tamén apareceron no escape room . Se queredes saber se logramos saír, dádelle ao play, aínda que quede claro que unha biblioteca non é un lugar do que haxa que fuxir. Máis ben, ao contrario... Logo repartímonos en grupos de debate e parolamos sen vergonza sobre a nosa experiencia lectora con estes dous libros, pero rematamos de novo todos xuntos. Os de 1º e 2º ESO presentáronlles o seu libro Mentira aos de 3º e 4º ESO e estes fíxéronlles tamén un resumiño e unha valoración de Palabras envelenadas . 

Conversa sobre A neta do señor Linh

Os luns, de cando en cando, son días de Club. Porque o luns 26 de novembro tamén se xuntou o club de lectura de adultos do IES Antón Alonso Ríos.  Á cita das 7 do serán chegaron os compoñentes logo dunha lectura que lles resultou grata, entrañable e tamén triste e potente. Quen máis quen menos soubo dende ben pronto dos xogos do autor coa nosa lectura, mais deixámonos levar coas súas pistas pasadías, como as greas de xente que arrastraban pola urbe ao noso protagonista, un señor Linh que situamos xeograficamente pero que logo localizamos en moitos lugares posibles, en calquera do que ás veces é preciso ou urxente fuxir.  Agradounos especialmente como a verdadeira amizade sobrepasou as barreiras idiomáticas, para tecer lazos, dende a lingua nai de cadaquén, que se asenten nunha linguaxe universal de respecto aos sentimentos e ás emocións, nomeadamente ás que teñen raíces culturais.  Ao remate da sesión, lemos algunhas das pasaxes que nos rabuñaron a medula e, así, co sa

aviso 2ª xuntanza - Club de Lectura ESO

Vémonos ou non? Recordade traer xa o libro que vos emprestamos. Non esquezades tampouco o voso xantar. Logo de comer, falaremos de...
25 N: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Club de Lectura da ESO, en marcha!

Arrancou novembro e tamén o noso club de lectura composto por alumnado da ESO. Comezamos xantando xuntos -comer en grupo une moito- e logo, xa na biblioteca, empezaron as presentacións e recollemos, nun mural, as nosas razóns para ler. Colgámolo no corredor e así mostramos con orgullo o noso gusto pola lectura. Logo, de volta na biblioteca, agardábanos unha chuvia de portadas. Todas tiñan en común a palabra clave mentira ou palabras , coma nos libros que foran escollidos para lermos. Cal sería? E que portadas nos chamaban a atención? E por que? E a que libro nunca lle botariamos a man nunha biblio ou nunha librería? Condiciónamos moito á hora de escoller unha lectura a portada do libro? Finalmente, vimos dous booktrailers realizados por outros mozos e así soubemos os libros que escolleran para arrancar co club de lectura. Os de 1º e 2º ESO imos ler Mentira , de Care Santos e os de 3º e 4º ESO ímoslle menter o dente a Palabras envelenadas , de Maite Carranza . E así fo

Así foi... Cagho co medo

Así foi o noso Cagho co medo, o concurso de microrrelatos de terror do IES Antón Alonso Ríos. Como se recollía nas bases ,  o xurado composto polas profesoras do Equipo de Biblioteca seleccionou cinco finalistas. Logo, o alumnado votou para escoller o microrrelato gañador. Foi o asinado polo pseudónimo Tinky Winky, do que resultou ser autor Rafael Rey Sánchez de 1ºESO D. Este foi o seu texto literario: Moitísimas grazas a todos os que particastes desta Concurso de Microrrelatos de Terror Cagho co medo . Agora xa sabedes que podedes escribir sen medo!  Queda aquí tamén o vídeo que recolle esa xornada de escrita literaria.
Coa chegada dos primeiros fríos non hai nada mellor que un libro nas túas mans para o tempo de lecer, por iso tedes aquí as novidades que nos van chegando:   https:
SEMANA DA BIBLIOTECA 

CAGHO CO MEDO: CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR CAGHO CO MEDO A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos organiza o concurso de microrrelatos de terror CAGHO CO MEDO .    Con esta iniciativa de escrita creativa, queremos espertar en vós o gusto por escribir e axudarvos a matar o medo á páxina en branco. Queremos que leades pero tamén que escribades sen medo. Porque a literatura é territorio dos valentes, ven escribir   e non caghes de medo. BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR   CAGHO CO MEDO 1.        PARTICIPANTES Poderán participar as alumnas e os alumnos de 1º ESO do IES Antón Alonso Ríos. 2.        DATAS DO CONCURSO venres 26 de outubro : o alumnado que voluntariamente participe neste concurso literario acudirá ao salón de actos do instituto co seu ordenador na 2ª hora de clase. O proceso de escrita durará toda a sesión, de 9:50 a 10:40 horas. luns 29 de outubro : exposición no vestíbulo do IES Antón Alonso Ríos de cinco relatos finalistas. mércores 31