Saltar ao contido principal

Club de Lectura


Dende o Equipo de Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos, queremos compartir coa comunidade educativa información xeral sobre a organización dos clubs de lectura, actividade coa que pretendemos continuar neste curso 2021/2022. Tendo presente todas as directrices que seguen vixentes en materia de seguridade sanitaria, cremos que merece a pena continuar con esta dinámica de fomento da lectura cunha vertente grupal e social.

  Con ela, continuamos a traballar para lograr os seguintes obxectivos:

- incrementar o pracer da lectura ao compartilo con outras persoas

- mellorar as competencias lectora e lingüística en galego e en castelán.

- servir de encontro entre persoas con intereses comúns, para axudarlles a socializarse fóra do horario escolar. 

potenciar a unión da dimensión privada da lectura coa pública, o que implica escoitar, debater e respectar. 

 Este é o horario previsto:

grupos

xuntanzas

1º / 2º ESO

dous venres por trimestre, durante o recreo

3º, 4º ESO, Bach. e FP

dous venres por trimestre, durante o recreo

adultos

horario por decidir cos participantes

O lugar de encontro para as xuntanzas será a Biblioteca, sempre  na compaña de profesorado.

Os libros que se propoñan para ler ao longo do curso 2021-2022 serán facilitados polo Equipo de Biblioteca, polo que a actividade non ten ningún custo para as familias. No mes de xuño, se a situación sanitaria o permite, organizarase unha saída extraescolar relaciona cunha obra e coas actividades do club de lectura.

Dende o Equipo de Biblioteca, estamos seguros do aproveitamento a nivel cultural e social desta proposta de dinamización lectora e agardamos a colaboración e participación das familias. 

Para participar, é necesario preinscribirse cubrindo o seguinte formulario (prazo de preinscrición: ata o 15 de outubro de 2021):

Formulario de preinscrición no club de lectura da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos

 

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa